O BNG REAFIRMANSE NA NECESIDADE DUNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

Información
Galicia | 12 Agosto 2021 | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Bernardo Varela PLENO PROVINCIAL OURENSEBernardo Varela considera alarmante, que ante a continúa subida dos prezos da luz, o resto de partidos non apoien novos criterios para fixar os prezos da luz, a creación dun operador público de enerxía e que en paralelo permitan a implantación descontrolada de máis megaparques eólicos en Ourense e Galiza.

 

Ourense 12 de agosto de 2021. Desde o grupo provincial do BNG Ourense,  Bernardo Varela observa con preocupación que mentres as propostas nacionalistas non son apoiadas polo resto de partidos para abaratar e controlar o prezo da electricidade, o custe da enerxía continúa marcando máximos  históricos nun territorio que produce máis enerxía da que é capaz de consumir.

Propostas defendidas polo BNG no pleno provincial da Deputación de Ourense, no mes de xuño, para  establecer novos criterios para fixar o prezo da luz: como que prezo da enerxía se estipule en función dos custo de xeración de cada tecnoloxía, e non como actualmente,  en que as tecnoloxías máis caras son as que marcan o prezo da luz,  permitindo ás megaempresas eléctricas enriquecerse e en vez de simplemente sufragar os custes  que soportan; ou como a proposta de crear  unha empresa pública galega de enerxía que planifique e participe nos diferentes sectores, e servizos enerxéticos, a través da recuperación para o sector público de todos aqueles saltos hidráulicos cuias concesións vaian caducar, non concitaron o apoio no ente provincial do resto de partidos, a pesar que é o modelo que se está establecendo noutros países de Europa como Italia, Francia ou Alemania.

Despois de catro días continuos marcando máximos históricos nos prezos da electricidade, afirma Varela, non é aceptable que Partido Popular e PSOE sigan de perfil  mentres se negan a apoiar as solucións que desde o BNG se poñen enriba da mesa, permitindo que o oligopolio eléctrico marque os prezos dun ben básico. 

“Desde o nacionalismo galego levamos  moito tempo defendendo que a enerxía é un ben público e non de especulación e para garantir que isto sexa así é necesario recuperar a participación pública dun sector que non pode estar  só en máns dun oligopolio.” Indica o voceiro nacionalista.

Mentres  as grandes compañías obtiveron beneficios polas explotación dos nosos rios e o noso vento que rondan os 1.500 millóns de euros, só quedaron en Galiza escasamente 88 millóns de euros e a factura eléctrica máis cara do Estado para familias e empresas.

En Ourense con 258 instalacións de enerxía renovable xerouse o 40% da enerxía renovable de Galiza, principalmente no sector hidráulico. Agora continúan implantándose megaparques eólicos en Ourense como o de Barxa, ou o de Rebordechao sen que isto garanta a supervivencia dos concellos nos que se van instalar, e sen un retorno xusto  para o conxunto da poboación.

Por iso máis que nunca desde o BNG esiximos o establecemento de novos criterios para fixar os prezos da electricidade e a creación dun operador público de enerxía, que permita a implantación en Galiza dun sistema de xestión acorde coas nosas necesidades.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600