Rexistran 82 solicitudes de moratoria eólica nos concellos das Reservas da Biosfera galegas

Información
Noticia destacada de Galicia | 14 Enero 2022 | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y  otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE  NEWS de las campañas de Mar SánchezA raíz das indicencias rexistradas polo Sindicato Labrego Galego-Commisións Labregas (SLG-CCLL), persoas a título individual e outros colectivos galegos alertando dos potenciais impactos provocados por proxectos de instalacións de enerxías renovables nas Reservas da Biosfera, o Comité Español do Programa MaB da UNESCO, vinculado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, aprobou o pasado mes de setembro realizar a nivel de todo o Estado español un informe sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, así como un estudo de viabilidade das instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento-, e infraestruturas asociadas que as grandes empresas enerxéticas pretenden instalar nestes espazos protexidos.

 

A tenor desta decisión, a Alianza Enerxía e Territorio (ALIENTE), da que o SLG-CCLL e outras organizacións integrantes da RGSE facemos parte a nivel de todo o Estado, vén de lanzar unha campaña a prol da moratoria científica das instalacións eólicas nas Reservas da Biosfera de toda a península.

Na Galiza, xa no pasado mes de decembro a representante do SLG na Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo, interveu durante a sesión do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño para instar ao seu Órgano Xestor a solicitar unha moratoria á Administración galega e estatal á hora de emitir as Declaracións de Impacto ambiental sobre os proxectos industriais en tramitación dentro das Reservas de Biosfera, como mínimo até que sexan publicadas as conclusións dos citados estudos solicitados polo Comité Español do Programa MaB.

Procurando acadar o compromiso das administracións públicas de non aceptar máis parques eólicos até que sexa realizado o informe do Comité Científico, actuamos agora a través da campaña lanzada dende ALIENTE rexistrando 82 solicitudes de adhesión (adxuntamos documento) dirixidas aos concellos galegos ubicados en territorios Reserva da Biosfera.

Para a Reserva da Biosfera Terras do Miño, a solicitude de moratoria foi dirixida aos (26) concellos de Abadín, Alfoz, A Pastoriza, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guntín, Guitiriz, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, O Corgo, O Páramo, Ourol, Outeiro de Rei, O Valadouro, Pol, Rábade, Riotorto, Vilalba e Xermade.

Para a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá a solicitude foi dirixida a estes tres últimos concellos.

Para a Reserva Transfronteiriza Gêres-Xurés, dirixímonos aos (6) concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños na Galiza.

Para a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, remitimos a solicitude de moratoria aos (17) concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza - Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Para a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel rexistramos a solicitude de moratoria nos (23) concellos de Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Incio, O Saviñao, Paradela, Pantón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela, Teixeira, A Peroxa, Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.

Para a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón fixemos chegar a solicitude de moratoria a 14 municipios distribuídos entre Lugo e Asturias; na Galiza os (7) concellos: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada.

O rexistro destas peticións de adhesión será completado a través de contactos directos cos concellos, solicitando a realización de entrevistas. Ademais a solicitude de adhesión á campaña a prol da moratoria eólica será trasladada tamén nos vindeiros días aos propios Órganos das Reservas, insititucións e diversas asociacións (veciñais, ambientais, agrarias, empresariais, de actividades económicas, etc.) afectadas pola invasión de parques eólicos na nosa terra.

Tendo en conta tan só o número de aeroxeradores en funcionamento, sen contabilizar a totalidade dos parques nin zonas limítrofes, actualmente están instalados xa 46 muíños na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, 6 novos parques están en tramitación e 2 en fase previa. Na Reserva da Biosfera Terras do Miño hai xa 931 aeroxeneradores funcionando, 158 en tramitación e 63 en fase previa. Na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá hai 56 aeroxeradores en tramitación. Na Reserva Transfronteiriza Gêres-Xurés hai 19 aeroxeradores en funcionamento e 19 máis en tramitación. Na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel están instalados xa 128 aeroxeradores en funcionamento e na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón 116.

E dicir, as Reservas da Biosfera galegas xa están anegadas a día de hoxe con perto de 1.300 aeroxeradores propiedade de empresas enerxéticas, e hai varios centos máis en tramitación.

Dende o SLG alentamos a unir forzas nesta campaña de defensa das Reservas da Biosfera para facer fronte ao espolio enerxético que a Xunta de Galicia vén fomentando nestes anos a través do favorecemento administrativo específico da instalación deste tipo de proxectos, nomeadamente empregando a polémica Lei de Fomento Empresarial (2017) e a Lei de Simplificación Administrativa (2021), popularmente coñecidas como “as leis de depredación”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600